GRUPO FONMIÑA

Foto de noticiaGrupo Fonmiñá
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá nace en invertir en bolsa de valores republica dominicana Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos afeccionados ó mundo da imaxe.

A fotografía, como medio de perpetuar a vida, deixando constancia do vivido para o futuro, e o cine como sucesión de fotografías acompañadas da palabra e da música, constituían o norte deste grupo de afeccionados que tomaron o nome da lagoa existente no concello de Pastoriza, da Terra Chá, e que na actualidade – trinta anos despois – veñen representar o punto de referencia para falar de imaxe nas terras de Lugo.

Do seu traballo destes trinta anos compre subliñar as cinco Bienais de Fotografía e as 28 Semanas internacionais de Cine de Autor, ademáis de numerosos cursiños, sesións, certames, conferencias, exposicións... sempre relacionadas co cine e a fotografía.

A 1ª Semana Internacional de cine de bolsa de valores de la republica dominicana autor celebrouse en Lugo en 1979. Desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita xa imprescindible para os cinéfilos que poden mergullarse no mundo do cine e homenaxear ós lucenses vencellados coa séptima arte. Nas Semanas de Cine organizadas por Fonmiñá colaboran o Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Xunta de Galicia, Xacobeo, Caixa Galicia, Universidade-Campus de Lugo e Galicia Dixital.